Imprimir mapas 3D de calquer parte do mundo a partires de google maps é moi doado, solo precisas ter unha impresora 3D. Os alumn@s de TIC de 4º da ESO do CPI Pontecesures explican de forma sinxela todo o proceso, desde a descarga das aplicacións e programas necesarios (Touchterrain, Ultimaker Cura) ata a impresión final nunha impresora Leon 3D .
O vídeo forma parte
da sección de Obradoiro da Paisaxe, do
proxecto Lendo cos pés do Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade 2021/2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario