Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 12 de diciembre de 2017

Lume


  Nos meses pasados sufrimos en Galicia, e noutras partes do Estado e de Portugal, uns tráxicos sucesos que conmocionaron á nosa sociedade: o LUME fixo acto de presenza no noso territorio dun xeito devastador, cuns efectos que tardaremos longo tempo en superar.
  O Doutor Enxeñeiro de Montes e profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC Ramón Díaz Varela, veu ao centro para dar unha  charla aos alumnos de Secundaria cos seguintes obxectivos:
· Informar á xuventude do realmente acontecido coa vaga de lumes.
· Alertar dos efectos que estes sucesos conlevan co paso do tempo.
· Falar sobre as medidas de restauración das zonas afectadas.
· Sensibilizar sobre a importancia de conservar e manter os nosos montes nas mellores condicións.
· Discutir sobre qué medidas de prevención serían as idóneas para que estes terribles sucesos non se repitan.
· Intentar despexar calquera dúbida que xurda entre o público asistente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario