Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 13 de enero de 2017

Premio Cartas ao Apalpador



 Dámoslle a noraboa a Tomás Melón Rodríguez e Blas López Soto, da aula das "Cordas Unidas" (2º B de E. Primaria) polo premio que recibiron por cadansúa carta ao Apalpador que enviaron ao concurso este nadal.

Tomás, aos seus 7 anos, pide que os seus compañeiros "non baixen á nube ou ao nubarrón" e que os nenos dos hospitais volvan sans para as súas casas como lle pasou a el, que "un avión de xoguete con luces lle salvou a vida".

Pola súa parte, Blas pide "que todo o mundo sexa feliz e que me queira a miña nai porque o meu pai morreu e non quero que á miña nai lle pase o mesmo", para despedirse cun "camión de apertas". 

Esta última carta foi a premiada cun agasallo consistente nunha estadía de fin de semana nas Casiñas do Ribeiro.

Tedes máis información sobre este concurso en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario