Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

domingo, 20 de octubre de 2024

Da árbore ao libro

 O alumnado de 3º de Primaria participou no taller  da árbore ao libro o cal forma parte da actividade "Ler conta moito" na biblioteca municipal, no cal puideron aprender de primeira man como se fai un libro e as persoas que están implicadas no proceso.

Da árbore ao libro 2024-25

viernes, 18 de octubre de 2024

A viaxe do libro

 Os alumnos de 6º de Primaria acompañados polo seu tutor foron á biblioteca municipal para participar no obradoiro "A viaxe do libro" impartido polas persoas que foman parte da editorial Cuarto de Inverno as cales lles explicaron como era o proceso que vive unha obra literaria dende que é unha idea ata que se converte nun libro.

A viaxe do libro 2024

jueves, 17 de octubre de 2024

A nena do vestido de flores

O alumnado de 4º e 5º foi á biblioteca municipal  a unha actividade do "Ler conta moito" .

A actividade consisteu nun contacontos con posterior dramatización para que resultase máis ameno e un taller sobre o libro "A nena do vestido de flores" para concienciar sobre as discapacidades e dar a conecer o autismo.

A nena do vestido de flores 2024

viernes, 21 de junio de 2024

Fin de curso en Primaria

Para celebrar fin de curso o alumnado de Primaria tivo a ocasión de asistir a un espectáculo de Acrosport a cargo dos grupos de rapazas de 5º e 6º.



O broche final púxoo un espectáculo de máxia co mago Dani García.







Graduación de 4ºESO

O alumnado de 4º de ESO deixa o Centro despois de 13 anos de escolaridade.

Para celebralo o Centro organizou un acto de graduación na biblioteca.






Para rematar tivemos uns pinchos.



jueves, 20 de junio de 2024

Concerto e festa de fin de curso

Tivemos un concerto privado no que participou alumnado do noso Centro e do I.E.S. de Valga, organizado por David Regueiro Fernández, profesor de Música de ESO no  cole.