Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

miércoles, 30 de marzo de 2022

Entre vidro e camelias

 A Asociación de Mulleres do Rural de Valga “Albor”, ofreceu unha actividade formativa dirixida ao alumnado de infantil e primaria sobre as “Camelias “e o “Traballo do vidro de xeito artístico”.  

 Mina, unha gran coleccionista destas plantas, explicounos a través de diferentes mostras, a orixe destas flores preciosas, os coidados das mesmas, os nomes, como por exemplo a camelia Cupido, a Rosalía, Bella Otero, etc.

 Sonia, a nai dunha nena de 2º,ensinounos as diferentes formas de traballar o vidro dun xeito artístico, mediante figuras, colgantes ou lámpadas. E tamén nos amosou o traballo sobre tellas.








martes, 29 de marzo de 2022

Apadriñamento lector

O alumnado de 1º da ESO fixo o seu apadriñamento lector a Educación Infantil, interpretando o coñecido conto "Cocorico". 





Día do teatro

 O 27 de marzo celebrouse o Día  Mundial do Teatro.

 Para conmemorar esta data, no centro ó longo da semana, realizáronse unha serie de actividades.

O alumnado de 1º da ESO, organizados pola mestra de Xeografía e Historia, dramatizaron o conto " COCORICO" para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Fixeron así apadriñamento lector cos máis cativos.




jueves, 24 de marzo de 2022

Reto 7

 Anímate e busca…….

Cal é o pico máis alto da Península Ibérica?

Cal é a orixe do seu nome?



miércoles, 16 de marzo de 2022

Premio de "A nosa Rosalía"

O pasado 23 de febreiro o alumnado de 1º de Educación Primaria gañaba o 2º Premio do Concurso de Poemas Musicados "A nosa Rosalía", organizado pola Deputación de Pontevedra. Presentáronse na categoría CAMPANIÑAS cunha versión de "Campanas de Bastabales", baseada na interpretación que fixo o grupo galego Os d´Abaixo da musicalización realizada por Amancio Prada deste poema tan coñecido de Rosalía de Castro.

Os outros centros premiados nesta categoría foron o CEIP Mestre Manuel García (Oia) e o CEIP San Clemente de César (Caldas de Reis).

Esta semana está resultando moi emocionante para este grupo.

Onte conseguían contactar por videoconferencia con Xacobe Varela, vocalista e gaiteiro do grupo Os d´Abaixo. E pasaron un rato agradable falando con el de temas como:

- o difícil que é ter unha banda,

- do primeiro concerto,

- do nome do grupo,

-recomendoulles outros grupos musicais, artistas, cancións,...

- da súa mascota ( o seu gato Antonio)

- da sua comida favorita,...

Hoxe recibiron os agasallos correspondentes ao 2º premio, que lles enviou a Deputación Provincial de Pontevedra. Foi un día de moita ilusión, case tanta coma cando realizaron a gravación.




martes, 15 de marzo de 2022

Solución ao reto 6

 A solución ao reto 6 plantexado é:

Ainda que se ten a crenza de que Galileo foi quen descubriu que a Terra era redonda, non foi así de todo. Os primeiros en plantexalo foron Tales de Mileto, Pitágoras, Platón e Aristóteles pero non aportaron probas científicas.

O primeiro que foi capaz de medir a circunferencia da Terra foi Eratóstenes.

Galileo defendeu que a teoría de que a Terra xiraba arredor do Sol e non ao revés como se pensaba ata ese momento


E atoparon a resposta....

6º Primaria

Paula, Lucas, Abigail, Telmo, Lucía, Damián, Bruno, Brais, Lara, Gabriela.

4º Primaria

Paula, Éber, Raquel.

3º Primaria

Clara

2º Primaria

Emma J., Martín.

jueves, 10 de marzo de 2022

8 de marzo

 Os alumnos de 2º de Primaria fixeron este mural para conmemorar o día da muller.