Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

domingo, 26 de enero de 2020

Ula Lúa?


Este luns o grupo teatral A ventana do maxín estivo ni biblioteca do noso centro coa representación do conto Ula Lúa?.
Establecérnose 2 sesións unha para Infantil, 1º e 2º de Primaria e outra para 3º, 4º, 5º e 6º.


Ula Lúa?

sábado, 25 de enero de 2020

Teatro en inglés


UNBOXING ALICE é o título da obra teatral que o 3º ciclo de Educación Primaria puido gozar no Auditorio Abanca de Pontevedra o pasado venres 24 de xaneiro. A obra mesturou escenas do conto tradicional con outras máis actuais onde Youtube e os videoxogos tiñan unha gran presenza; e todo isto cun alumnado ben atento para non perder detalle pois...vimos a obra en inglés!
Quedou ben claro que o noso alumnado está totalmente inmerso nun mundo globalizado, demostrando así que non so desfrutan da cultura nas nosas linguas nais senon que saben adaptarse a calquera situación. E como mostra cabe destacar a participación como actores de dous dos nosos: Leire e Guido!

Obra de teatro Unboxing Alice

viernes, 24 de enero de 2020

Robótica


Hoxe tivemos unha actividade de iniciación á robótica para 2º de Primaria impartida polo coordinador do Centro de Robótica de Galicia.









sábado, 18 de enero de 2020

Plan director


Un ano máis, o centro ven de participar nas charlas do Plan Director, unha actividade deseñada para traballar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, e que imparte a Garda Civil.
Nesta ocasión, os venres 10 e 17 de xaneiro, o alumnado do centro asistiu aos seguintes relatorios:
5º de Educación PrimariaAcoso Escolar
6º de E.P. e 1º da ESODrogas e Alcol
2º, 3º e 4º da ESO: Violencia de Xénero
Todas estas temáticas teñen incidencia no día a día do noso alumnado, directa ou indirectamente, e é preciso dotalos da maior información posible, para que así poidan afrontar calquera situación que se lles presente.
Charla Plan Director

viernes, 20 de diciembre de 2019

Chegaron os Reis


Como cada ano os Reis Magos acompañados dos seus paxes veñen ao colexio para agasaiar aos rapaces máis pequenos. 

Feliz Nadal a todos!!!!!!
Fotos de Nadal

Actuacións de Nadal
Neste Nadal, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria quixeron agasallarnos coa súa arte. Non cabe dúbida de que o fixeron xenial pero, se non nos credes, aquí tedes a mostra!
Presentacións : alumnado de 4º de Educación Primaria.
Actuacións:
  • Educación Infantil"Van tres Reis en bicicleta" e "If I could fly like a snowflake".
  • 1º de Educación Primaria: "Chegou o Nadal" e "Volver a casa por Nadal"
  • 2º de Educación Primaria"Árbol de Navidad" e "Turrón e Mazapán".
  • 3º de Educación Primaria: Remix "Feliz Navidad", "Santa Claus is coming to town", "O Apalpador" e "Xa me tardan estes magos"
  • 4º de Educación Primaria"Cosas de Navidad" e "Un año más".
  • 4º e 6º de Educación Primaria: "Vois sur ton chemin"
  • 5º de Educación Primaria: Percusión corporal "Marcha Radetzky"


Fotos de Nadal

Fotos de Nadal

Felicitación de Nadal de Infantil

jueves, 12 de diciembre de 2019

jueves, 5 de diciembre de 2019

Voluntariado de lectura


O noso centro está a solicitar a participación no programa de Voluntariado de lectura-A, iniciativa de Bibliotecas Escolares de Galicia, ni modalidade de primaria nas iniciativas ofertadas como: Voluntariado de lectura A e  lecturas compartidas.
A finalidade é estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca ea a lectura entre o alumnado de 5º e 6º.