Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

domingo, 28 de abril de 2019

Día do libro


Como cada curso, celebramos o Día do Libro no centro cos relatos do noso alumnado. Despois da elaboración, revisión e entrega, chega o momento máis especial e o que máis nervios provoca: coñecer aos premiados. Nesta ocasión, houbo participación das aulas de Educación Infantil e de aulas de Educación Primaria. Noraboa a todas e todos polo esforzo!

Entrega de premios en Infantil

Entrega de premios Infantil

Entrega de premios en 2º Ciclo
Entrega de premios en 3º Ciclo












jueves, 25 de abril de 2019

Nak Wolf


O escritor Nak Wolf visitou o centro para adentrar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no mundo fantástico que creou na súa primeira publicación: "La Leyenda de...La espada de Orec". Esta é a primeira dunha saga que está en proceso de escritura e que, dende hoxe, terá novas e novos seguidores.

Na charla, o alumnado ademais de coñecer a novela, puido investigar sobre os comezos do escritor, descubrindo a relación que tivo o mundo dos videoxogos coa literatura fantástica que lee e escribe.


Gracias Nak, por compartir esta xornada con nós e transmitirnos a importancia que deben ter os libros nas nosas vidas!


Pasáronno xenial…..

Encontro con Wolf

viernes, 12 de abril de 2019

Fase final do concurso de recitado de poesía na casa de Manuel María


O pasado sábado 6 de abril celebrouse en Outeiro de Rei a fase final do Concurso de Recitado de Poemas. Estes foron os representantes de Primaria do CPI de Pontecesures, aos que lles damos a nosa noraboa pola calidade da súa interpretación.


O alumnado de 1º de E. Primaria recitou o poema "O chifre" de Manuel María.




Emily García Mata, de 2º de E. Primaria, recitou o poema "O soñador" de Manuel María.
 
Pilar Antonella Morison Rey recitou "Silencio", de Follas Novas.

Blanca García Mosquera recitou "Cada noite eu chorando pensaba", de Follas Novas.
 

miércoles, 10 de abril de 2019

Nata y chocolate



Os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de 5º  e 6º, tiveron  un encontro con Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate.
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria leron Nata y Chocolate e entregaronlle á autora un baúl de cartas que prepararon.
Os de 5º e 6º Nata y chocolate y Nata y chocolate invencibles.
Tiveron ademais unha firma de libros.



Visita de Alicia Borrás

martes, 9 de abril de 2019

Paco Nogueiras


Tivemos unha actividade interactiva con Paco Nogueiras en dúas sesións, unha para Infantil e outra para 1º e 2º de Primaria.

Musicou títulos como Elmer; Un,dous tresvampiro ti es; Teño dez dedos nos pes e dez nenas nas mans…. co seu acordeón.



Paco Nogueiras Infantil Paco Nogueiras

viernes, 29 de marzo de 2019

Residuos Aparatos Electrónicos


Residuos Aparatos Electrónicos

Residuos Aparatos Electrónicos

Viñeron os Bolechas decirlle aos rapaces de 2º e 3º de E. P. que hai que reciclar os aparellos electrónicos.
Regalaronlle un libro a cada un e deixaronnos 3 na biblioteca.

jueves, 28 de marzo de 2019

Concurso Día do libro


XI CONCURSO LITERARIO
DÍA DO  LIBRO 2019
   O VENRES DÍA 26  DE ABRIL en homenaxe ao Día do Libro, celebrarase a  XI edición do concurso literario, como ven sendo habitual no centro.

B A S E S
  PARTICIPANTES E MODALIDADES
   Os participantes poderán concursar de acordo ás seguintes modalidades:
  • Idiomas: galego e castelán.
  • Categorías:
v  Infantil
v  1º curso                          
v  2º curso
v  3º curso
v  4º curso
v  5º curso
v  6º curso 

XÉNEROS E TEMAS DOS TRABALLOS

CONTO, POESÍA E COMIC: Tema libre.

        PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

   Os concursantes poderán presentar un traballo por autor. Consideraranse os seguintes requisitos:


  • Cada traballo debe ser orixinal, non ter sido premiado en ningún outro certame.

  • Os traballos escribiranse só no anverso de cada páxina e a extensión non superará os dous folios

  • O nome e o curso do autor ou autora figurarán no reverso da última folla.

  • Poderanse acompañar de debuxos ilustrativos.
        

LUGAR E PRAZO DE ADMISIÓN: Na biblioteca, ata o 12 de abril.