Este curso inauguramos comedor e que mellor que rotular as súas portas para que todos o teñamos ben localizado.
Nova andaina
sábado, 25 de octubre de 2025
viernes, 24 de octubre de 2025
Para celebrar o día das bibliotecas, os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla: “Falemos de sexo” na que non só falaron de sexo senón tamén de feminismo e de todo o que lles preocupa a estas edades.
- Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”Ver traducción
- Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”Ver traducción
- Os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron unha charla na biblioteca “Falemos de sexo”Ver traducción

Día das bibliotecas
jueves, 23 de octubre de 2025
A corpo cantado
Os alumnos de 1º e 2º de Primaria desfrutaron dunha sesión de narración oral con Charo Pita.
Esta proposta forma parte de “Outubro, o mes das Bibliotecas” na biblioteca municipal dentro do programa Ler conta Moito, que nos convida a achegarnos á lectura dun éxito participativo e ameno.📚📚
Charo Pita cóntanos nela que as calidades máxicas do corpo están presentes en multitude de historias procedentes de todas as partes do mundo.
viernes, 17 de octubre de 2025
KOHA
Desde hoxe, a nosa biblio deixa de utilizar o programa MEIGA e pasa a utilizar KOHA.
Trátase dun sistema integrado de xestión bibliotecaria de código aberto que sirve para automatizar e axilizar todos os procesos dunha biblioteca escolar, desde a catalogación ata a xestión de préstamos. Permite aos bibliotecarios administrar os fondos bibliográficos e aos usuarios buscar e consultar o catálogo en línea (OPAC) a través de internet.
Lecturas recomendadas para Samaín
Como o Samaín xa está moi preto, nos andeis da biblio hai unha selección de libros para que desfrutedes de lecturas terroríficas.
miércoles, 15 de octubre de 2025
Ciclobiblioteca
O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha sesión de narración oral chea de humor, música e participación. Cantaron, bailaron e aprenderon sobre a importancia de coidar o medio ambiente e respetar a natureza a través dos contos e das mensaxes que nos trouxo Carballo con Botas. 📚🎶✨






