Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 9 de octubre de 2025

Historias dun mundo grande

O alumnado de 3º e 4º cursos de Primaria achegouse á Biblioteca Municipal de Pontecesures para gozar coa primeira das actividades do programa Ler conta moito programadas para este ano: "Historias dun mundo grande" da compañía "Bandullo Azul".

En Historias dun mundo grande,  a narradora chámase Becki, que fala a través da voz de Fran Ameixeiras.
Becki ten unha biblioteca, onde pasa tempo e tempo a ler e escribir.
Cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas  viaxes polo mundo.
Estas historias serven de desculpa para cantar e bailar celebrando o respecto e a felicidade, xa que todas as historias que Becki nos conta falan da colaboración e da solidariedade entre as persoas.

Historias dun mundo grande

Despois, de volta á clase, o alumnado gozou unha vez máis elaborou as súas propias historias dun mundo grande...








miércoles, 8 de octubre de 2025

Vendimia en 3 anos

 Hoxe o alumnado de 3 anos estivo a vendimiar


Vendimia en 3 anos

Centenario de Pontecesures


 O 9 de outubro de 1925 constituíase a primeira corporación municicpal do recén creado Concello de Pontecesures, sendo elexido alcalde José Novo Núñez e sendo a primeira concelleira do noso concello Asunción Calvo. Asemade, formaban parte daquela primeira corporación municipal Luciano García García, Antonio Vázquez Rey, Ricardo Magán, José Fernández Bóveda, José Carrera e José López.

No que vai de ano, o Concello de Pontecesures levou a cabo numerosas actividades centradas na divulgación da nosa historia, costumes e vivencias que acompañaron o desenvolvemento da nosa vila, as cales se prolongarán ata final de ano.

O vindeiro xoves 9 de outubro ás 20:00 horas celebrarase un pleno extraordinario con motivo do noso Centenario, no cal se proxectará o documental no que participaron veciñas e veciños de Pontecesures e no que quixemos recoller as súas historias, a nosa historia dende a perspectiva de quen vive e sinte a nosa vila e ó cal están convidados todas as veciñas e veciños.

Grazas ó traballo da A.C. Xarandeira poderemos coñecer e desfrutar da 'Muiñeira de Cesures', musicada pola agrupación de música tradicional para esta ocasión.

Ó rematar a proxección do documental, poderemos desfrutar dun espectáculo de luces como broche final dun día tan significativo para todas e todos as cesureñas e cesureños.

martes, 7 de octubre de 2025

Está de medo!!!!!

 Un ano máis, para celebrar o Samaín, o EDLG convoca o concurso "Está de medo!!!"

Nesta cuarta edición pode participar o alumnado do Centro, nas condicións que indican as bases.






lunes, 15 de septiembre de 2025

E o día das Letras Galegas estará adicado a ....

 ... Begoña Caamaño.

A Real Academia Galega decidiu en xuño dedicar a Begoña o Día das Letras Galegas 2026.

Esta escritora e xornalista faleceu en 2014.

Se cadra coñeces que o Día das Letras Galegas só se pode dedicar a persoas que faleceron dez ou máis anos antes có da celebración. 

A decisión, tomada no pleno da RAG celebrado na cidade de A Coruña, recoñece a súa obra literaria.

Dentro dela inclúense dúas novelas baseadas nos mitos da Odisea e o artúrico ('Circe ou o pracer do azul' e 'Morgana en Esmelle') ademais dunha extensa traxectoria xornalística, comprometida coa lingua galega e coa información de calidade.



miércoles, 10 de septiembre de 2025

Vemos a vila con outra mirada

 Comenzamos un novo curso e con el un novo proxecto....o de este curso será sobre a nosa vila, Pontecesures que este ano celebra o seu centenario.