Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 22 de noviembre de 2024

Ulla limpo

A mocidade de Pontecesures reclama un “Ulla limpo”

O 8 de novembro o alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures reivindicou un “Ulla limpo” cunha performance polas rúas da vila. As mozas e mozos denunciaron ante a veciñanza a contaminación e outras ameazas que enfronta o río que atravesa o seu municipio. 

Deste xeito, un grupo de estudantes vestidos de azul percorreron o mercadiño, a praza de abastos ou as terrazas representando o Ulla, que era ameazado por outro equipo que personificaba os vertidos industriais e de fuel, o cambio climático, a seca, os plásticos, a chatarra, os pneumáticos ou as cabichas e toalliñas que rematan no río. Por último, un grupo de manifestantes denunciaba estas agresións, ante a sorpresa e o apoio das e dos transeúntes.

Todas estas ameazas foron identificadas polo alumnado durante o obradoiro de comunicación de guerrilla que durante tres xornadas se desenvolveu n abiblioteca do centro educativo. A rapazada tamén ideou a propia acción de rúa, coa finalidade de sensibilizar ás veciñas e veciños para evitar que o lixo e a contaminación poñan en perigo o ecosistema fluvial. De feito, ademais de percorrer as rúas lanzando esta mensaxe, empregaron plásticos recollidos no seu día a día para escribir na beirarrúa o lema “Ulla limpo”.

A comunicación de guerrilla é unha técnica que busca xerar impacto e conciencia social, utilizando o espazo público para provocar unha reflexión na cidadanía. Neste caso, ademais de aprender as peculiaridades desta metodoloxía, traballouse sobre a auga como un dereito humano fundamental e sobre a crise climática global. A actividade, dinamizada pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso), encádrase no proxecto europeo People & Planet, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, asociación da que o Concello de Pontecesures forma parte activa. 

Ulla limpo




#PeopleAndPlanet

O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que culminará nos próximos meses despois de catro anos de andaina, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. Procúrase así contribuír a implementar a Axenda 2030, en especial o ODS 13, que chama a adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 17 entidades de Galicia, Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, Países Baixos e Cabo Verde.

lunes, 18 de noviembre de 2024

Entrega de premios Está de medo!!!

 O pasado xoves fíxose entrega dos premios aos gañadores da 3ª edición do concurso de portadas de libros e relatos de terror 'Está de medo!!!'.

As proposas gañadoras foron as presentadas por África (de 2º de Primaria), Mateo (de 3º de Primaria), Matilda (de 6º de Primaria), Martina (de 2º de E.S.O.) e Leire (de 4º de E.S.O.).   

O xurado subliñou a dificultade de escoller os premiados, xa que se encontrou en todas as categorías con traballos de grande calidade.

Á parte destes premios concedidos a cada traballo individual, cada aula de Infantil recibirá un agasallo polo traballo que desenvolveron en conxunto.

Parabéns aos gañadores!!!



sábado, 9 de noviembre de 2024

Contacontos

 Luis e Sabela de 1º de ESO foron á aula de 1º de Primaria na hora de ler para lerlle aos alumnos "El lobo que quiso cambiar de color"




viernes, 8 de noviembre de 2024

Obradoiro de activismo medioambiental

Hoxe pola mañá, o alumnado de 4º de ESO desprazouse até a praza de abastos para participar nun obradoiro de activismo medioambiental.

A actividade consistiu nunha manifestación de protesta contra a contaminación do río Ulla, nunha performance na que algúns dos participantes interpretaban o papel do río e outros de ameazas, na escritura no chan das palabras ULLA LIMPO utilizando lixo e na realización de entrevistas a veciños para coñecer a súa opinión sobre a intervención artística realizada e sobre estado do río, á parte de facer unha pequena sondaxe sobre o grao de participación na recollida selectiva de residuos pola súa parte.

Obradoiro de activismo medioambiental

jueves, 7 de noviembre de 2024

Mochila viaxeira en camiño

 Un curso máis as mochilas viaxeiras empezan o seu camiño e os primeiros en poñela en marcha foron os alumnos de 1º de Primaria.

Voa viaxe e disfrutade de todo o seu contido!!!!




miércoles, 6 de noviembre de 2024

Lecturas compartidas

Os alumnos de 1º de Primaria achegáronse á aula de infantil 3 anos para ler e ensinarlle algúns libros aos nosos alumnos máis pequenos.
Foi toda unha experiencia enriquecedora.

Lecturas compartidas

martes, 5 de noviembre de 2024

Está de medo!!! concluído o prazo, o xurado delibera

Despois de dúas prórrogas debidas a imprevistos sucesivos,  hoxe terminou o prazo para entregar ou expor nos corredores do Centro as propostas para a 3ª edición do concurso de portadas de relatos e libros de terror "Está de medo!!!"

Aínda non podemos decirvos cales son as propostas gañadoras, xa que non o sabemos, pero si mostrarvos algunhas das presentadas.

Estarán as gañadoras entre elas??

Expoñémolas agrupadas en Infantil, Primaria e Secundaria.

Propostas Infantil "Está de medo" 3ª Edición

Propostas de Primaria "Esta de medo" 3ª Edición

Propostas ESO "Está de medo" 3ª edición