Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 7 de marzo de 2023

Fai viral a Rosalía! - PREMIADOS

 


Como resultado das visualizacións do Concurso Fai Viral a Rosalía!; o premio o vídeo máis visualizado ata o pasado 27 de febreiro, momento en que se pararon os videos para que se puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube; foi o proposto por Damián, de 1º de ESO, con 1417 reproducións.

Ademais, a pasada semana, o xurado composto polos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega elexiu tres participantes premiados, que recibirán de agasallo un vale para material escolar, por valor de 60 euros.
Gañadores:

Cayetana de 2º de E.P.

Eira de 2º de E.P.

Fabián, Yago e Brais de 5º e 4º de E.P. e 6º de E.I.




viernes, 3 de marzo de 2023

Un mito sempre se le mellor debaixo dun árbol

Os alumnos de 1° da ESO saíron para ler en alto algúns mitos de Mitos gregos, de María Angelidou na clase de Lengua Castellana



lunes, 27 de febrero de 2023

Visita ao IES de Padrón

Os alumnos de 4º de ESO foron a coñecer o IES Macías o Namorado e o Camilo Xosé Cela de Padrón e os seus itinerarios para comenzar o próximo curso a súa formación

 




jueves, 23 de febrero de 2023

Celebración do día de Rosalía

Un ano máis celebramos o nacemento da nosa gran poetisa e fixémolo ao grande en todos os niveis.

Plantamos o seu xardín









 Os alumnos fixeron as súas creacións...










Tamén os de Plástica de Secundaria



Os nenos de 1º musicalizaron a súa Alborada



martes, 21 de febrero de 2023

Vexo, Veo Xacobeo

Durante este curso, co alumnado de 1º e 2º, xunto coas titoras e a profe Guada, estamos participando no programa Vexo, veo Xacobeo, dentro do Plan Proxecta. Tras recibir a carta de Tina Calixtina e equipala para facer o camiño, repasamos os símbolos que se vai atopar na súa viaxe ata Santiago.







lunes, 20 de febrero de 2023

Fai viral a Rosalía - Vídeos presentados

Tras rematar o período para participar no concurso, toca visualizar e compartir para que, a nosa Rosalía, sexa a Rosalía máis famosa.

Compartide coas vosas amizades, familias,...para facer viral a Rosalía!

Tamén nos toca felicitar aos participantes. Orixinais, creativos, coas mellores localizacións,...noraboa a todos!

* Os videos deben ser vistos por completo para que contabilicen as visualizacións. Tal como se reflicte nas bases do concurso, hai ata o 27 de febreiro para seguir sumando visitas. Adiante!

 O importante é expandir e fortalecer a nosa lingua!

 E dar a coñecer á nosa Rosalía!







 














Entroido 2023

 Xa podedes ver algunhas das fotos do noso Entroido

Entroido 2023

 E o noso vídeo