Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 17 de febrero de 2023

Atención, obras!!!!!

Non podemos elixir mellor.....empezamos unha nova fase de reformas na biblio.....

Xa vos ensinaremos os resultados.....







martes, 14 de febrero de 2023

Día do amor e da amizade

 Outro ano máis celebramos o día do amor e da amizade.

Os alumnos de 4º de ESO encargáronse de facer a decoración nun dos recunchos da biblio e posteriormente repartiron as cartas.









lunes, 13 de febrero de 2023

Visita de Soledad Felloza

Soledad Felloza, actriz, escritora, contacontos...tivo un encontro cos alumnos de Secundaria na biblioteca.

En 1º e 2º da ESO fixo un remix de autores, con algún Poema de Salinas, de Machado, un conto no que aparecía Pardo Bazán...

En 3° e 4° do Quixote, centrándose nunha visión  feminista a través do monólogo da pastora Marcela.

Podedes seguila en Instagram @solefelloza













sábado, 11 de febrero de 2023

Entrega de premios do 1º concurso de fotografía meditativa

O venres, 10 de febreiro de 2023 celebramos o acto de entrega de premios do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDITATIVA, organizado polo Equipo de Convivencia do centro.

O xurado aproveitou para dar parabéns a todas as participantes, pola calidade dos seus traballos e a profundidade das reflexións que acompañaban a algunha delas e animounas a particpar en vindeiras edicións.

A fotografía gañadora leva por título: Mi pueblo inspiración e a autora é Helena Bermúdez Barreiro de 1º de ESO. Parabéns Helena! Desfruta da túa nova cámara!!!!

Tamén participaron e recolleron o seu agasallo e diploma de participación:

-Gabriela Correia Silva (1º de ESO)

-Zoe Pereiras Ríos (1º de ESO)

-Xiana Blanco Fernandes (2º de ESO)

-Verónica Freiría Caldelas (2º de ESO)

-Sara Liñares Blanco (3º de ESO)

-María Rodríguez Domínguez (3º de ESO)

-Helena García Tocino (3º de ESO)

1º Concurso Fotografía Meditativa

Podes ver na presentación todas as fotografías desta edición.

jueves, 9 de febrero de 2023

Visita de Susa Herrera

Esta semana visitounos, na biblio do cole, a gran Susa Herrera. O alumnado de Ed. infantil, 1° e 2° pasouno xenial cantando e bailando con ela os seus 'Cantos animais'.

Se alguén quedou con gañas de seguir cantando na casa. O seu libro pode mercarse en cantosanimales.libroslar.com




Primeiras probas

Os alumnos de 1º de Primaria este ano nas súas mochilas viaxeiras levaban libros de cociña para iniciarse pouco a pouco e parece que xa empezamos a ver pequenos logros.

Neste caso foron dúas irmáns, Anais e Eire as que e atreveron con este delicioso postre.

Que rico!!!!!!!!!!!!!