Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 30 de mayo de 2022

Entrega de premios "Un centro cheo de orgullo"

O Equipo de Convivencia do CPI de Pontecesures organizou este curso un concurso de carteis baixo o lema "Un centro cheo de orgullo".

Con esta proposta, quixeron sumarse todos á necesaria loita contra a homofobia.

Nos traballos atopáronse debuxos e frases cargados de mensaxe.

Queremos que saibades que tanto a participación como o nivel foron espectaculares. 

E despois dunha difícil deliberación, amosámosvos este vídeo no que se recollen os premiados.

Queremos agradecer ás presentadoras e presentador do acto de Infantil e Primaria, así como ás presentadoras do acto de Secundaria o seu bo facer nesta entrega de premios.





domingo, 29 de mayo de 2022

Historias do camiño de Santiago en 1º Primaria

Os alumnos de 1º de Primaria traballaron sobre o camiño de Santiago e aquí deixamos unha pequena escolma do seu traballo.

 

O venres 20 de maio  os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha excursión a Santiago de Compostela onde, por unha xornada, se converteron en peregrinos e peregrinas. Fixeron un anaco do último tramo da ruta, percorrendo as rúas de Compostela, gozando das vistas ao revés da Catedral, realizando o rito de entrada da Porta Santa e, como non, contándolle todas as súas andanzas a Rosalía de Castro e Valle-Inclán.





jueves, 26 de mayo de 2022

Benvidos a Exipto

Os alumnos de 2º de Primaria elixiron o Antigo Exipto como tema de traballo para o proxecto de Biblioteca "As historias da historia".

Fixeron murais, maquetas, un traxe de faraón e ata unha momia.

 

domingo, 22 de mayo de 2022

Regueifando no Correlingua

 Rapaces e rapazas da ESO, xunto co seu profesor de música David, participaron nunha regueifa colectiva, que recompilou o Correlingua, podemos ver a súa actuación, no video individual que se enviou ao colectivo.



jueves, 19 de mayo de 2022

Conmemoramos as nosas Letras


Ó longo destes días os diferentes grupos realizaron distintas actividades arredor da figura do autor homenaxeado FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, e das nosas LETRAS, da nosa lingua, cultura, tradicións e folclore.

 
 

 

















 


 

miércoles, 18 de mayo de 2022

Os romanos

 Murais feitos polos alumnos de 4º Primaria dentro do proxecto de biblioteca As  historias da historia






martes, 17 de mayo de 2022

Florencio Delgado Gurriagarán

    O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México.

Florencio Delgado Gurriagarán