Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

lunes, 16 de mayo de 2022

A prehistoria

Xa podedes ver o producto final do proxecto feito en Infantil sobre a Prehistoria

 5º de Infantil



6º de Infantil


sábado, 14 de mayo de 2022

O camiño de Santiago

Aquí podedes ver a presentación de Anastasia de 6º Primaria sobre O camiño de Santiago que fixeron o alumnado de 5º e 6º para colaborar co proxecto anual de biblioteca "As Historias da historia"

jueves, 12 de mayo de 2022

Camilo comellón

 A mestra de 1º de Primaria realizou unha adaptación ao galego do conto "Camilón comilón" de Ana María Machado e o alumnado realizou as ilustracións.

Asé mesmo, varios alumnos/as foron ler o conto a outras aulas. Padriños lectores....


miércoles, 11 de mayo de 2022

Sementando poesía no Camiño

Dado que temos o colexio ao lado do camiño portugués e neste ano santo hai moitos peregrinos, dende  o EDLG do centro surxiu a idea de colocar carteis na zona do Pino Manso e no albergue municipal que levan un código QR que enlaza cós videos dos gañadores do concurso “Fai viral a Rosalía” que promoveu o EDLG do centro.

Os carteis están en galego, castelán, francés e inglés, porque son as 4 linguas que se imparten no centro.









lunes, 9 de mayo de 2022

Un centro cheo de orgullo

17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

O Equipo de Convivencia, dentro das actividades de sensibilización que cada curso propón para avanzar no respecto á diversidade, convoca un certame de carteis que transmitan unha mensaxe positiva sobre a inclusión, o respecto, a convivencia entre as persoas e a tolerancia coa diversidade.






Para consultar as bases aquí


viernes, 6 de mayo de 2022

Charlas do plan director

Durante esta mañá estiveron dous membros da Garda Civil dando aos diferentes grupos unhas charlas sobre acoso escolar dentro do programa do Plan Director. Estiveron cos alumnos de 1º ESO A/B, 3º ESO e 2º ESO.






lunes, 2 de mayo de 2022

Encontro con Lorena Conde

Hoxe estivo co alumnado do club de lectura e do grupo de teatro a escritora Lorena Conde. Conversou con eles da súa infancia e de como se iniciou na lectura, da súa adolescencia e de como se lanzou a escribir, da pegada que deixaron nela a súa profesora da EXB, Isabel, que lle levaba libros dos que aínda hoxe se lembra, e de María Victoria Moreno da que destacou a súa paixón pola literatura e polo ensino.

Precisamente o recordo da súa profesora e amiga lle levou a escribir o seu libro “Velloucas e minchas” e presentalo ao III Premio María Victoria Moreno, premio que gañou.

Foi unha conversa moi emotiva na que falaron de literatura, de recordos e de cousas da vida.

Grazas, Lorena!!!