As nenas e os nenos de 2º de EP tamén celebraron o “Día do libro”.
Nova andaina
domingo, 24 de abril de 2022
viernes, 22 de abril de 2022
Día do libro
Celebramos o día do libro cunha exposición no corredor principal na que colaboraron os alumnos de 4º de ESO
jueves, 7 de abril de 2022
miércoles, 6 de abril de 2022
Saaabor!!!!
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares tróuxonos unha actividade coa colaboración de A fundación Abanca, para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
Cultura Activa trouxónos Saaabor!, un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos.
lunes, 4 de abril de 2022
Superpreguiceiro
O alumnado de 1º de Educación Primaria ven de representar unha adaptación teatral dunha historia titulada "Superpreguiceiro" creada por un alumno de 3º, Xenaro, o curso pasado.
Ademais, para
amosarnos a súa destreza coa Lingua de Signos, decidiron facer
tamén accesibe esta obra para persoas xordas.
miércoles, 30 de marzo de 2022
Entre vidro e camelias
A Asociación de Mulleres do Rural de Valga “Albor”, ofreceu unha actividade formativa dirixida ao alumnado de infantil e primaria sobre as “Camelias “e o “Traballo do vidro de xeito artístico”.
Mina, unha gran coleccionista destas plantas, explicounos a través de diferentes mostras, a orixe destas flores preciosas, os coidados das mesmas, os nomes, como por exemplo a camelia Cupido, a Rosalía, Bella Otero, etc.
Sonia, a nai dunha nena de 2º,ensinounos as diferentes formas de traballar o vidro dun xeito artístico, mediante figuras, colgantes ou lámpadas. E tamén nos amosou o traballo sobre tellas.
martes, 29 de marzo de 2022
Apadriñamento lector
O alumnado de 1º da ESO fixo o seu apadriñamento lector a Educación Infantil, interpretando o coñecido conto "Cocorico".


.jpeg)

.jpg)


