Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 8 de marzo de 2022

Premiados no Concurso "Fai viral a Rosalía"

 Premios do xurado:

O venres 4 de marzo, reuníuse o xurado composto por un membro de cada Equipo Docente: de Biblioteca, Convivencia, Extraescolares e Complementarias, TICs e Dinamización da Lingua Galega, aínda que a excelente calidade das gravacións, complicou a tarefa de elexir tres gañadores, finalmente, saíron os tres premiados, que recibirán de agasallo un vale para material escolar, por valor de 60 euros.

Gañadores:

Damián de 6º de EP

Xián e Matilda de 1º e 3º de EP

Cayetana de 1º de EP. 

Premio ao máis visto:

Obtén o mesmo premio o video máis visualizado ata o día 3 de marzo, momento en que se pararon os videos para que, dous días despois, se puideran consultar as estatísticas de reproduccións en youtube.

 Neste eido resulta gañador Yago de 3º de EP con 664 reproduccións.

FELICIDADES A TODOS!! 









jueves, 3 de marzo de 2022

Entroido 2022

 Este ano a semana de Entroido foi un non parar xa que tamén celebrábamos o día de Rosalía. O tema deste ano foi “Choqueiros”

E como cumio desta semana buliciosa, houbo un desfile ata a Plazuela e posterior actuación.

As Tanxugueiras actuaron para todos coas voces, música e coreografía do alumnado do centro.





Antes do desfile




Ensaios no patio do colexio nos días previos


Na Plazuela


Actuación






miércoles, 23 de febrero de 2022

Día de Rosalía

Celebramos o día de Rosalía de xeito especial.

Tal e como dicía a comanda do meco "Nesta terra temos sorte de tyer superheroína, a ver que se che ocorre para celebrar a Rosalía".

Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.


Os alumnos de Primaria fixeron o mural 



E os alumnos de 2º e 4º de Secundaria colaborarorn co Departamento de Xeografía e Historia, co de Química e co club de lectura e plantaron un xardín de pensamentos.




Uxío de 4º de Primaria e Hugo de 3º de Primaria caracterizados.











Entrega de agasallos aos participantes, de Infantil e Primaria, no concurso " Fai viral a Rosalía" ( un libro de Rosalía, un marcapáxinas e unha chapa).





Actuación do alumnado de 1º de EP, coa canción do poema " Campanas de Bastabales"  que cantaron e bailaron, baixo a dirección de Andrea, a mestra de música. 
Esta actividade foi presentada ao concurso " A nosa Rosalía" da Deputación de Pontevedra. E coa que acadarían o 2º premio. 


Alumnado de 2º e 4º da ESO colaboraron para plantar a camelia chamada Rosalía, que foi agasallo da Deputación de Pontevedra polo premio recibido o alumnado de 1º. 



























martes, 22 de febrero de 2022

Reto 6

 Xa temos novo reto na biblioteca. Anímate, busca a resposta e deposítaa na Caixa.

Ánimo e sorte….



Actividades para conmemorar o día de Rosalía

 Febreiro foi un mes cheo de actividades por e para Rosalía colaborando todos os equipos e departamentos.

Nas aulas de Primaria fixéronse pensamentos en forma de broche


 Murais e creacións...






Os alumnos de francés de Primaria elaboraron a flor do pensamento combinando as bandeiras galega e francesa 




Os alumnos de plástica de Secundaria tamén fixeron as súas creacións, os de 3º utilizaron diferentes técnicas, entre elas o collage...



E os de 1º ESO fixeron puntillismo.



Os pensamentos coa imaxe de Rosalía e co poema "Adiós ríos, adiós fontes" e a traducción do mesmo a distintos idiomas encheron os corredores do centro.








viernes, 18 de febrero de 2022

Fai viral a Rosalía: Preparados

Toca visualizar e compartir, para que a nosa Rosalía, sexa a Rosalía máis famosa.

Son poucos os participantes pero son os mellores,  orixinais, creativos, coas mellores localizacións,...noraboa a todos. 

Agora a compartir coas amizades, familiares,... para facer a Rosalía viral.

Entrade na canle de youtube do  EDLG DO CPI PONTECESURES ou nas seguintes ligazóns.

* Os videos deben ser vistos por completo para que contabilicen as visualizacións. Tal como se reflicte nas bases do concurso hai ata o 3 de marzo para seguir sumando visitas. Adiante!

O importante é expandir e fortalecer a nosa lingua!


E dar a coñecer á nosa Rosalía!