Tal e como dicía a comanda do meco "Nesta terra temos sorte de tyer superheroína, a ver que se che ocorre para celebrar a Rosalía".
Xardín de Rosalía presidido polo mural das Rosalías creadas por alumnado de 3º de Primaria a partir da imaxe da ilustradora Laura Romero.
Os alumnos de Primaria fixeron o mural
E os alumnos de 2º e 4º de Secundaria colaborarorn co Departamento de Xeografía e Historia, co de Química e co club de lectura e plantaron un xardín de pensamentos.
Uxío de 4º de Primaria e Hugo de 3º de Primaria caracterizados.
Entrega de agasallos aos participantes, de Infantil e Primaria, no concurso " Fai viral a Rosalía" ( un libro de Rosalía, un marcapáxinas e unha chapa).
Actuación do alumnado de 1º de EP, coa canción do poema " Campanas de Bastabales" que cantaron e bailaron, baixo a dirección de Andrea, a mestra de música.
Esta actividade foi presentada ao concurso " A nosa Rosalía" da Deputación de Pontevedra. E coa que acadarían o 2º premio.
Alumnado de 2º e 4º da ESO colaboraron para plantar a camelia chamada Rosalía, que foi agasallo da Deputación de Pontevedra polo premio recibido o alumnado de 1º.
Febreiro foi un mes cheo de actividades por e para Rosalía colaborando
todos os equipos e departamentos.
Nas aulas de Primaria fixéronse pensamentos en forma de broche
Murais e creacións...
Os alumnos de francés de Primaria elaboraron a flor do pensamento
combinando as bandeiras galega e francesa
Os alumnos de plástica de Secundaria tamén fixeron as súas creacións, os de 3º utilizaron diferentes técnicas, entre elas o collage...
E os de 1º ESO fixeron puntillismo.
Os pensamentos coa imaxe de Rosalía e co poema "Adiós ríos, adiós fontes" e a traducción do mesmo a distintos idiomas encheron os corredores do centro.
* Os videos deben ser vistos por completo para que contabilicen as
visualizacións. Tal como se reflicte nas bases do concurso hai ata o 3 de marzo
para seguir sumando visitas. Adiante!
O importante é expandir e fortalecer a nosa lingua!