Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 20 de enero de 2022

Libro de Nadal en galego-castelán e inglés

 Xa tendes á vosa disposición na biblioteca os libros que fixeron os alumnos de Primaria na clase de lingua inglesa. Libros sobre o Nadal, con debuxos, felicitacións e historias en galego, castelán e inglés, incluso con palabras noutras linguas.








martes, 11 de enero de 2022

Festival de Nadal. Curso 20/21

 Unha boa volta ao cole ben merece un bo recordo. E que mellor que facelo coas diferentes actuacións que o alumnado, tanto das etapas de Educación Infantil e Primaria como da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, fixo no último día de clase antes das vacacións de Nadal.

Deixámosvos os dous vídeos e esperamos que o disfrutedes tanto como nós o fixemos nese día.






martes, 21 de diciembre de 2021

Festival de Nadal

Este curso celebramos o festival de Nadal atendendo ás medidas Covid, con  todas as medidas de seguridade, distancia, uso de máscaras,... 

Pola mañán celebrouno Primaria e pola tarde Secundaria. 

O alumnado de todos os cursos realizou unhas actuacións alucinantes, fantásticas, baixo a batuta do profesorado de música, Andrea e David, que mesmo participaron nalgunhas actuacións.

Tamén viñeron os paxes reais, que recolleron as cartas dos máis pequenos e repartiron chuches.

Unha xornada lectiva, festeira moi ben aproveitada.

Galería de fotos do festival de Infantil e Primaria.

Festival de Infantil e Primaria

Galería de fotos do festival de Secundaria
Festival Nadal Secundaria

Cunha das manualidades do alumnado de 3º e 4º de Primaria, queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas

FELICES FESTAS!



4º reto da biblioteca

 Como podedes ver xa temos novo reto na biblioteca para que investiguedes este Nadal.






lunes, 20 de diciembre de 2021

Visita dos alumnos de 1º e 2º de Primaria ao Belen de Porto

Un ano máis, a pesar do coronavirus, un grupo de veciños do lugar de Porto, realizou o Belen, con materiais reciclados, sobre todo tapóns de plástico.

O alumnado dos cursos de 1º e 2º de Primaria, foron visitalo e puideron escoitar como o fixeran da boca da súa deseñadora, fixéronlle preguntas sobre canto tempo lle levara preparalo, cantas persoas participaron,...

A saída foi moi educativa, ata pasou o tren. No camiño foron vendo os nomes  das rúas polas que pasaron: sendeiro verde de Borobó, a rúa Miguéns Parrado, a de Carlos Maside, a Praza dos Valeiros (lugar onde se atopa o Belén),...


Visita ao Belen de Porto

viernes, 17 de diciembre de 2021

Escritura creativa

 Dende biblioteca animamos a todos os alumnos a que escriban, que plasmen nun papel todo o que teñen na súa cabeza. 

E aquí tendes unha mostra de escritura creativa espontánea dun alumno de 4º de Primaria