Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

martes, 15 de diciembre de 2020

Esperando o Nadal

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, xunto coas súas familias, colaboraron coa mestra Guada para amosarnos a ilusión coa que están a esperar o Nadal. Esperamos que vós teñades as mesmas ganas de gozar destas festas.






miércoles, 9 de diciembre de 2020

Despedindo o outono

A piques de cambiar de estación o alumnado de Educación Infantil quixo darlle unha magnífica despedida. Aí van os traballos deste alumnado que, xunto coas súas familias, traballou duramente para poder facer este peche de estación.

Felicitacións aos artistas

!

 

jueves, 3 de diciembre de 2020

Día da discapacidade


Lorenzo non é coma os demáis, arrastra un cazo que lle impide facer o que a todos lles resulta do máis fácil. Ningén entende porque Lorenzo non é capaz de facer o que eles fan...


As nenas e nenos de 1º Primaria participaron no día da discapacidade cos seus debuxos inspirados no corto de animación "Cuerdas".



sábado, 28 de noviembre de 2020

Rosa caramelo

 

Na aula de 3° 'sonorizaron' o conto de Rosa caramelo, imaxinando os efectos sonoros para acompañar a narración.

Tras coñecer o conto, e coincidindo coa conmemoración do 25N, aproveitaron para reflexionar sobre os diferentes tipos de violencias  e dicir NON á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.






jueves, 26 de noviembre de 2020

Día contra a violencia de xénero

 Un ano máis celebramos o día conta a violencia de xénero no colexio

Os alumnos de 2º de Primaria logo de traballar na aula sobre a violencia de xénero, falar, comentar, facer slogans, ver vídeos, etc... floreceu o seu espíritu emprendedor e acordaron que farían unha manifestación para a cal fixeron pancartas nos recreos.

O día 25 sairon ao patio antes do resto dos grupos para recibilos coa manifestación


Tamén se colocaron carteis nas fiestras das aulas


E repartíronse mascarillas entre o alumnado e o profesorado.

Alumnos de ESO coa mascarilla reivindicativa

E desde o Concello tamén nos agasallaron con pulseiras e con varias actividades sobre coeducación ao longo desta semana.