Esta semana chegou a "Maleta da igualdade" dende Bibliotecas escolares, un material con recursos bibliográficos que pretenden contribuir ao traballo sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, a identidade de xénero,...
Os recursos cos que contamos neste momento son para o alumnado de Secundaria, pero estamos á espera de que tamén chegue a maleta para Primaria.
O 30
de xaneiro celebramos O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, esta
xornada foi fundada en 1964 polo poeta e pacifista Llorenç Vidal, e conmemórase
a morte de Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático
hinduísta.
O noso lema este ano foi FALA BAIXIÑO.
Neste
curso académico, e ao longo dunha semana, o alumnado e profesorado estivo
experimentando co silencio. A actividade consistía na reducción máxima de ruído
que se escoita nos diferentes corredores do centro, incidindo nas entradas e
saídas do horario lectivo, así como nos cambios de especialidade e recreos.
Ademais
puideronse visualizar, nas titorías, diferentes documentais informativos que
resaltaban a importancia de reducir a contaminación acústica, o perxudicial que
podía ser para a nosa saúde e invitándonos a experimentar a relaxación e
concentración a través de visualizacións.
E
para que a actividade non perdera interés, creouse un pequeno xogo onde os
titores valoraban, e puntuaban, ao final da xornada o nivel de ruído/silencio
da súa clase para establecer ao remate da semana quenes foran os gañadores.
O Tivemos un concurso de microrrelatos sobre o silencio. E as gañadoras foron: Grupo 1º e 2º de ESO....... 1º Premio para Lucía García Mosquera
2º Premio para Ana Carril Gontán e Thalía Martínez Baleirón
3º Premio para lucía Quintáns Janeiro
Grupo 3º e 4º de ESO....... 1º Premio para Blanca García Mosquera
2º Premio para Carmen Caldelas Magán e Lucía Lagares Castiñeiras
3º Premio para Lucía Vidal Rodríguez
Para
entender a que nos referimos cando estamos dicindo PAZ o grupo
de teatro, formado por alumnado de Educación Secundaria e
dirixidos pola profesora Luísa Mª Paz, representounos unha pequena
peza a todo o centro. En catro pases da mesma obra, e con toques de humor
fantásticos, conseguiron que tanto o resto do alumnado como o profesorado
profundizaran no extenso do termo PAZ, facéndonos reflexionar sobre as accións
que no día a día poden mellorar a convivencia.
UNBOXING ALICEé o título da obra teatral que
o 3º ciclo de Educación Primaria puido gozar no Auditorio Abanca de Pontevedra
o pasado venres 24 de xaneiro. A obra mesturou escenas do conto tradicional con
outras máis actuais onde Youtube e os videoxogos tiñan
unha gran presenza; e todo isto cun alumnado ben atento para non perder detalle
pois...vimos a obra en inglés!
Quedou
ben claro que o noso alumnado está totalmente inmerso nun mundo globalizado,
demostrando así que non so desfrutan da cultura nas nosas linguas nais senon
que saben adaptarse a calquera situación. E como mostra cabe destacar a
participación como actores de dous dos nosos: Leire e Guido!