Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 18 de enero de 2020

Plan director


Un ano máis, o centro ven de participar nas charlas do Plan Director, unha actividade deseñada para traballar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, e que imparte a Garda Civil.
Nesta ocasión, os venres 10 e 17 de xaneiro, o alumnado do centro asistiu aos seguintes relatorios:
5º de Educación PrimariaAcoso Escolar
6º de E.P. e 1º da ESODrogas e Alcol
2º, 3º e 4º da ESO: Violencia de Xénero
Todas estas temáticas teñen incidencia no día a día do noso alumnado, directa ou indirectamente, e é preciso dotalos da maior información posible, para que así poidan afrontar calquera situación que se lles presente.
Charla Plan Director

viernes, 20 de diciembre de 2019

Chegaron os Reis


Como cada ano os Reis Magos acompañados dos seus paxes veñen ao colexio para agasaiar aos rapaces máis pequenos. 

Feliz Nadal a todos!!!!!!
Fotos de Nadal

Actuacións de Nadal
Neste Nadal, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria quixeron agasallarnos coa súa arte. Non cabe dúbida de que o fixeron xenial pero, se non nos credes, aquí tedes a mostra!
Presentacións : alumnado de 4º de Educación Primaria.
Actuacións:
  • Educación Infantil"Van tres Reis en bicicleta" e "If I could fly like a snowflake".
  • 1º de Educación Primaria: "Chegou o Nadal" e "Volver a casa por Nadal"
  • 2º de Educación Primaria"Árbol de Navidad" e "Turrón e Mazapán".
  • 3º de Educación Primaria: Remix "Feliz Navidad", "Santa Claus is coming to town", "O Apalpador" e "Xa me tardan estes magos"
  • 4º de Educación Primaria"Cosas de Navidad" e "Un año más".
  • 4º e 6º de Educación Primaria: "Vois sur ton chemin"
  • 5º de Educación Primaria: Percusión corporal "Marcha Radetzky"


Fotos de Nadal

Fotos de Nadal

Felicitación de Nadal de Infantil

jueves, 12 de diciembre de 2019

jueves, 5 de diciembre de 2019

Voluntariado de lectura


O noso centro está a solicitar a participación no programa de Voluntariado de lectura-A, iniciativa de Bibliotecas Escolares de Galicia, ni modalidade de primaria nas iniciativas ofertadas como: Voluntariado de lectura A e  lecturas compartidas.
A finalidade é estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca ea a lectura entre o alumnado de 5º e 6º.


viernes, 29 de noviembre de 2019

Mochilas viaxeiras


Estreamos mochilas viaxeiras!!
Acabamos de recibir as novas mochilas para renovar as anteriores, que xa estaban moi deterioradas.
Coidádeas moito, rapaces.



martes, 26 de noviembre de 2019

25 N

Onte foi un día de especial relevancia no calendario...


A loita a prol da IGUALDADE a través do respecto, impregnou o quefacer cotián do noso centro, pero onte cobrou especial transcendencia, xa que o 25 N está reservado para loitar unanimemente a nivel mundial contra unha lacra da nosa sociedade como é a VIOLENCIA DE XÉNERO.


Precisamente por tratarse dun problema que atinxe á sociedade no seu conxunto, dende a escola debemos traballar para eliminar calquera tipo de comportamento inadecuado, posto que como institución encargada da formación do alumnado, recae nas nosas mans esta importante labor (xunto coa familia).

RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data.  Mais, polo momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.


Este curso, todas as etapas educativas, traballaron buscando frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero.

Con todas elas, realizouse un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor morada, que se repartiron entre o alumnado no día de onte.



lunes, 4 de noviembre de 2019

Actuación na praza de abastos

Convidados pola ANPA o grupo de teatro de Normalización Lingüística levaron a peza teatral á praza de abastos na festa de Samaín que organizaba a ANPA do noso centro.