Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 29 de noviembre de 2018

As cores do Outono



Pequena montaxe sobre os traballos que fixeron os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria

jueves, 22 de noviembre de 2018

martes, 20 de noviembre de 2018

Salitre nas mans

As mariscadoras de Carril  que forman AMARCARRIL, viñeron dar unha charla aos rapaces de 5º e 6º de Primaria.
AMARCARRIL nace de un grupo de mariscadoras que queren dar a coñecer a historia de Carril, os seus parques de cultivo e marisqueo como exemplo de loita para alcanzar un mellor estatus social e unha maior calidade de vida.
Explicaron a actividade do marisqueo, os parques de cultivo, as concesións de marisqueo a pé, as especies e os seus ciclos biolóxicos, técnicas de cultivo, útiles e ferramentas,…etc.
AMARCARRIL

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Samaín e Magosto no colexio


O equipo de actividades extraescolares e complementarias agradece a toda a comunidade educativa a súa colaboración na celebración do Samaín e do Magosto.






Magosto e Samaín

miércoles, 31 de octubre de 2018

Os nosos gañadores do Samaín.....

Cartel gañador de Lara Blanco

"Non xogues" 1º premio 5º e 6º de E.P.


"Con secuencias" 1º premio ESO

"O samaín en Infantil" 


"O colexio en Samaín" 



"Teatro Samaín 2018"

"Un ollo de vidro"


"E F Enfeitizada s"



Relatos gañadores
Relato gañador da modalidade de 3º e 4º de E. Primaria: "O esqueleto do Samaín", de Tomás Melón Rodríguez
Relato gañador da categoría de 5º e 6º de E. Primaria: "O trasno de San Xulián", de Helena García Tocino
Relato gañador da categoría da categoría da ESO: "Conta atrás", de Blanca García Mosquera de 2º ESO A

jueves, 25 de octubre de 2018

Flipa con contos...Mar adiante


Tocoulle a quenda aos alumnos de 5º e 6º de E. P.
 O contacontos foi Fran, xunto coa súa marioneta, a señora Filipa.
Narración, teatralización, musicalización....A protagonista é María Victoria Moreno e o seu libro “Mar adiante”, adaptando contos incluídos nesta obra e contos populares, sen esquecer, a música en directo, “conto-cantados”, xogos e ...bo humor.






miércoles, 24 de octubre de 2018

Día da biblioteca






Día da biblioteca

Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron á biblioteca municipal para conmemorar o día da biblioteca. “Autores da literatura de ciencia ficción e científicos” conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes e Antonio Sanjurjo Badía introdúcenos na idealización e construción dun submarino. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.


Obradoiro de submarinos