O mércores foron os alumnos
de 3º e 4º de E.P. á biblioteca municipal. Neles mergulláronse nun mundo
imaxinario no que descubriron como a lectura pode abrir o apetito…E sobre todo,
que cousas convén comer para sacialo.
Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
viernes, 19 de octubre de 2018
miércoles, 17 de octubre de 2018
Big van ciencia
Sónanvos os seguintes termos?
Pseudociencias, biotecnoloxía, crispr, big van ciencia,
unidade de información, código blinario, bit, comunicación electrónica,
habilistoso, homo habilis, conocimiento científico, dogma científico, experimento,
Heidi Lamar y el wifi, a enerxía non se gasta solo se transforma……..
Os departamentos de ciencias do colexio organizaron unha
charla científica na biblioteca e viñeron tres monologuistas de Big Van Ciencia.
Impresionante!!!!
jueves, 11 de octubre de 2018
Libros para coidar a terra
viernes, 5 de octubre de 2018
Unha árbore vén a vernos
Os nenos
de Infantil 3 anos foron á biblioteca municipal para ver as árbores que chegaron. Os teixos, os
freixos, as bidueiras, as aciñeiras, os
buxos…, viñeron para contar as súas historias, para aprender a abrazalas, a coidar bosques, fragas, soutos…, para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro.
jueves, 27 de septiembre de 2018
Un banquete con moito conto
Os nenos de 1º e 2º de E.P. asistiron a un obradoiro na
biblioteca municipal, onde tiveron a oportunidade de entrar nun restaurante moi
especial, no que a imaxinación e os libros foron os ingredientes principais dos
pratos a degustar. Mentres que as cores, os debuxos e a improvisación formaron
parte dun decorado único e irrepetible.
miércoles, 26 de septiembre de 2018
VI concurso de relatos e vídeos de terror
Un
ano máis, a Biblioteca e o EDLG do CPI de Pontecesures anímanvos a que
compartades as historias máis arrepiantes que se vos ocorran a través da
participación neste concurso que se celebrará arredor da celebración do Samaín,
unha antiga tradición que conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos na
noite do 31 de outubro, data de comezo do aninovo celta.
As
bases que rexerán o concurso son as seguintes.
1. Os relatos e vídeos, orixinais
e inéditos, estarán en lingua galega.
2. A temática xirará arredor de
historias de misterio e terror.
3. Haberá seis categorías, con
cadanseu premio para a modalidade de vídeo e de relato:
a. Infantil
b. 1º ciclo:
c. 2º ciclo
d. 3º ciclo
e. ESO
4.
Os relatos terán unha extensión máxima de catro folios por unha cara,
manuscritos ou mecanografados. Na modalidade de audiovisual, a curtametraxe
gravada terá como máximo cinco minutos de duración.
5.
Cada titor/a de infantil e primaria e o profesor de lingua galega de ESO
seleccionará os tres mellores traballos de cada aula e entregarallos ao
coordinador do ENDL antes do venres 19 de outubro.
6.
O xurado do certame estará integrado por profesorado colaborador do ENDL e da
Biblioteca.
7.
O fallo do xurado farase público en cadanseu acto para primaria e secundaria na
biblioteca do centro o martes 30 de outubro, ao que poderán acudir todos os
participantes.
8.
A participación neste concurso implica o consentimento do/a autor/a para a divulgación
da obra presentada nos blogs de normalización e da biblioteca.
9.
A participación neste certame implica a aceptación de todas e cada unha das
normas contidas nas presentes bases.
jueves, 20 de septiembre de 2018
COMENZAMOS
O mar é todo! O seu alento é puro e san.É o inmenso deserto en que o ser humano nunca está só,
pois sente como se estremece a vida ao seu redor. O mar é o vehículo dunha
sobrenatural e prodixiosa existencia; é movemento e amor; é o infinito vivente.
Vinte mil leguas debaixo dos mares, Jules Verne.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






