Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 25 de mayo de 2017

A árbore das palabras agarimosas



Lindar, azolo, xarope, refaixo, foliada, axóuxere……estas e moitas outras son as palabras que escribiron os alumnos do cole nas follas da árbore das palabras agarimosas con motivo do día das Letras Galegas.
Que vos parece a idea? 

martes, 23 de mayo de 2017

A galiña azul

Este ano as letras galegas estiveron adicadas a Carlos Casares e no centro os alumnos de 1º de Primaria narraron e ilustraron esa particular galiña creada por el.




viernes, 19 de mayo de 2017

As parábolas de Pakolas



Esta semana o alumnado do CPI de Pontecesures, dende 1º ata 5º de E. Primaria vibraron ao son da guitarra eléctrica e as melodías pegadizas de Pakolas.
Pakolas veu á Biblioteca municipal dentro do programa “Ler conta moito”.
No seu espectáculo combínanse as cancións coas historias que se recollen cunha mensaxe final formando unha parábola da que aprender e na que pensar.
 

 


 

 

miércoles, 17 de mayo de 2017

Toribio no CPI de Pontecesures



Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, dende o CPI DE PONTECESURES levouse a cabo unha actividade moi interesante na que estivo implicado todo o alumando de educación infantil e primaria. Tod@s os nen@s do cole, dende os 3 a os 12 anos convertéronse por uns días en "contacontos".
Xa que este ano, as Letras Galegas están adicadas a CARLOS CASARES, elexíuse a colección de libros de TORIBIO, un neno galego, inventor.
Divideuse o alumnado en 4 grupos:
·         1º grupo: Educación Infantil.
·         2º grupo: 1º e 2º E.P.
·         3º grupo: 3º e 4º E.P.
·         4º grupo: 5º e 6º E.P.
A cada grupo, asignóuselle un libro dos de Toribio. Despois de lelo e traballar sobre el, debía preparalo par, ir por todas as aulas do centro (en pequenos grupos) e contarlles o conto @s compañeir@s doutros niveis. 



 


 


 

miércoles, 10 de mayo de 2017

Correlingua 2017

Esta semana os alumnos de secundaria foron a Santiago para participar na carreira pola lingua e dicir un ano máis, que ao galego non lle debemos pór cancelas. 
A actividade comezou ás 11 cun percorrido polas rúas da parte vella, logo regresaron á Quintana, onde se entregaron e leron os premios de manifesto e banda deseñada, e finalmente actuou o grupo gañador do Cantalingua deste ano.

jueves, 4 de mayo de 2017

Como agasallo...un libro

Os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria con motivo do día do libro celebraron un intercambio de agasallos. Os alumnos de unha clase agasallaban aos da outra con un libro que elexían na bilioteca.
Unha vez feitas as parellas por sorteo, as clases foron á biblioteca para coller en préstamo ese libro que lle ían agasallar ao compañeiro. Había que mirar, buscar e elexir ben xa que un agasallo non é calquera cousa.

Ademais elaboraron postais para regalar co préstamo.

Como agasallo.....un libro

miércoles, 3 de mayo de 2017

Taller de reciclaxe

Co obxectivo de fomentar a redución, reutilización e reciclaxe dos residuos a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza ofreceu actividades de educación ambiental.
A pasada semana estiveron no colexio impartindo un obradoiro de reciclaxe en E. Primaria. Empregando residuos domésticos que se ían tirar ao lixo (cartóns do leite) elaboraron obxectos útiles (un bolso).
Con este obradoiro inténtase recuperar unha práctica que se está a perder, amosa de xeito lúdico e sinxelo que os residuos poder ter unha segunda vida antes da reciclaxe.




Taller de reciclaxe