Que vos parece a idea? 

Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
jueves, 25 de mayo de 2017
A árbore das palabras agarimosas
martes, 23 de mayo de 2017
A galiña azul
Este ano
as letras galegas estiveron adicadas a Carlos Casares e no centro os alumnos de 1º de Primaria narraron e ilustraron esa particular galiña creada por el.



viernes, 19 de mayo de 2017
As parábolas de Pakolas
Esta semana
o alumnado do CPI de Pontecesures, dende 1º ata 5º de E. Primaria vibraron ao
son da guitarra eléctrica e as melodías pegadizas de Pakolas.
Pakolas veu á Biblioteca municipal dentro do programa “Ler conta moito”.
No seu espectáculo combínanse as cancións coas historias que se recollen cunha mensaxe final formando unha parábola da que aprender e na que pensar.


miércoles, 17 de mayo de 2017
Toribio no CPI de Pontecesures
Con motivo da
celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, dende o CPI DE PONTECESURES levouse a
cabo unha actividade moi interesante na que estivo implicado todo o alumando de
educación infantil e primaria. Tod@s os nen@s do cole, dende os 3 a os 12 anos convertéronse
por uns días en "contacontos".
Xa que este ano, as
Letras Galegas están adicadas a CARLOS CASARES, elexíuse a colección de libros
de TORIBIO, un neno galego, inventor.
Divideuse o alumnado en 4 grupos:
·
1º grupo: Educación Infantil.
·
2º grupo: 1º e 2º E.P.
·
3º grupo: 3º e 4º E.P.
·
4º grupo: 5º e 6º E.P.
A cada grupo, asignóuselle un libro dos de Toribio. Despois de lelo e
traballar sobre el, debía preparalo par, ir por todas as aulas do centro (en
pequenos grupos) e contarlles o conto @s compañeir@s doutros niveis.




miércoles, 10 de mayo de 2017
Correlingua 2017
Esta semana os alumnos de secundaria foron a
Santiago para participar na carreira pola lingua e dicir un ano máis, que ao galego non lle debemos pór cancelas.
A actividade comezou ás 11 cun percorrido polas rúas da parte vella, logo regresaron á Quintana, onde se entregaron e leron os premios de manifesto e banda deseñada, e finalmente actuou o grupo gañador do Cantalingua deste ano.
A actividade comezou ás 11 cun percorrido polas rúas da parte vella, logo regresaron á Quintana, onde se entregaron e leron os premios de manifesto e banda deseñada, e finalmente actuou o grupo gañador do Cantalingua deste ano.
jueves, 4 de mayo de 2017
Como agasallo...un libro
Os
alumnos de 3º e 4º de E. Primaria con motivo do día do libro
celebraron un intercambio de agasallos. Os alumnos de unha clase
agasallaban aos da outra con un libro que elexían na bilioteca.
Unha
vez feitas as parellas por sorteo, as clases foron á biblioteca para
coller en préstamo ese libro que lle ían agasallar ao compañeiro.
Había que mirar, buscar e elexir ben xa que un agasallo non é
calquera cousa.
Ademais
elaboraron postais para regalar co préstamo.
miércoles, 3 de mayo de 2017
Taller de reciclaxe
Co
obxectivo de fomentar a redución, reutilización e reciclaxe dos
residuos a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza ofreceu
actividades de educación ambiental.
A pasada semana estiveron no colexio impartindo un obradoiro de reciclaxe en E. Primaria.
Empregando residuos domésticos que se ían tirar ao lixo (cartóns
do leite) elaboraron obxectos útiles (un bolso).
Con
este obradoiro inténtase recuperar unha práctica que se está a
perder, amosa de xeito lúdico e sinxelo que os residuos poder ter
unha segunda vida antes da reciclaxe.



Suscribirse a:
Entradas (Atom)
