Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

jueves, 25 de febrero de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO CPI DE PONTECESURES



Agradecemos dende o ENDL e a Biblioteca do CPI de Pontecesures a entusiasta acollida por parte do profesorado e o alumnado de todos os niveis das actividades para festexar este evento en honor á nosa universal escritora.
Aquí vos deixamos vídeos e fotos do día:

Para comezar, escoitade ao alumnado de 5 anos de E. infantil cantando "Adiós ríos, adiós fontes":


O alumnado de 4 anos, disponse espontaneamente a recitar os versos de Cantares gallegos sobre os que deseñaron a súa postal:




E velaquí unhas fotos e debuxos do traballo realizado este día nos distintos niveis educativos:








Aquí tedes a ligazón das actividades deste día noutros centros de ensino de Galicia:

Actividades do día de Rosalía

miércoles, 24 de febrero de 2016

Actividades do día de Rosalía


A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón a celebración do 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da nosa universal escritora, como Día de Rosalía de Castro. Esta entidade proponlle á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Dende o noso centro sumámonos á celebración, conscientes da importancia simbólica para a nosa lingua e cultura que un acto deste tipo ten.

Xa hai días que o alumnado de E. infantil e primaria está traballando nas aulas de plástica, elaborando deseños coa imaxe da escritora, que incorporarán a unha postal que enviarán ás súas familias o día 24. No documento inclúense estes versos de Cantares gallegos:

Canta, paxariño alegre,

canta!

Canta porque o millo medre,

canta!

Canta porque a luz te escoite,

canta!

Canta que fuxeu a noite.

En E. secundaria propoñémosvos que no 2º recreo do mércores 24 de febreiro, os/as que queirades participar, vos situedes na entrada do edificio de primaria e secundaria, diante do graffiti das vacas, e enviedes un verso de Rosalía desde os terminais móbiles, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:

Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

Enviarase a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado, se pode ser, dunha imaxe alusiva a Rosalía.

Agardamos que a celebración sexa un éxito.






domingo, 14 de febrero de 2016

Recomendación lectora



Sheila e Rubén da clase dos Lupus Lupis recoméndannos “A terra acatarrouse”.









A Terra moi fatigada é vítima dunha gripe moi forte. Non pode respirar! Afortunadamente un rapaz propón unha solución ecolóxica.

viernes, 12 de febrero de 2016

Planetario



Os pasados 1 e 2 de febreiro ao longo de todo o día o alumnado de Infantil e Primaria do centro tivo a ocasión de asistir á actividade do Planetario que, instalado no ximnasio, ofreceu unha sesión a cada un dos grupos de nenos e nenas co obxectivo de acercalos ao mundo da cosmofísica. Miraron nubes, a rotación da Terra, a gravidade, o home astronauta,o ceo (estrelas constelacións e planetas), a orixe da vida, as fases da Lúa, os cambios de latitude, do micro ao macro universo...contidos adaptados ás idades dos rapaces e rapazas. Tamén se achegaron a unha pequena exposición que se instalou na biblioteca.