Nova andaina
Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.
miércoles, 20 de marzo de 2013
viernes, 22 de febrero de 2013
jueves, 7 de febrero de 2013
Ante o recente empeño de uniformizar tamén as festas do entroido,
converténdoas nun espectáculo similar en calquera punto do planeta, en
Galicia perviven aínda moitas tradicións peculiares que non perderon a
autenticidade que tiñan tempo atrás. Fronte a un entroido globalizado,
inzado de desfiles de comparsas que compiten por un premio outorgado por
tal ou cal concello, onde os demais se converten en meros espectadores
case televisivos, o trasno reivindica o que a nosa festa ten de
participación popular, diferente e irreverente.
Este ano, dado que a biblioteca do centro organizou un traballo
interdisciplinar arredor do río Ulla, dende o equipo de normalización decidiron dar a
coñecer o entroido tradicional máis próximo a nós, o dos XENERAIS DA ULLA Neste enlace atoparedes información sobre como se desenvolve o
entroido nesta comarca.
viernes, 21 de diciembre de 2012
Un ano máis chega o Nadal ao CPI e non quixemos deixalo pasar sen
arrouparnos baixo unha árbore. Este ano dende o ENDL decidiron
reutilizar CD inservibles para montar a árbore. Mostrámosvos como foi o
proceso de ensamblaxe das pezas que decorou o alumnado de todos os
niveis, dende os rapaces de 3 anos ata os maiores de 4º da ESO,
recollido por Rosa Nodar neste vídeo.
Esperamos que vos guste:
![]() |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








