Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

viernes, 5 de diciembre de 2025

Concurso de Portas de Nadal


 Como en cursos pasad0s, o Equipo de Biblioteca convoca un concurso de decoración das portas das aulas polo Nadal 🎄 

Valorarase: a creatividade, os materiais empregados, a orixinalidade e a participación do grupo-clase. 

O último día, antes das vacacións, os membros do xurado pasaran a ver as decoracións e comunicaranse as portas gañadoras, unha por etapa, as cales recibirán un pequeno agasallo para compartir. 


Agardamos a vosa participación

miércoles, 3 de diciembre de 2025

Libro da I edición do Certame de relato curto Oria Moreno

 

✨️ Xa está dispoñible o libro da I edición do Certame de Relato Curto Oria Moreno! 

Animádevos a ir pola vosa copia e apoiar o talento literario da nosa contorna.

A biblioteca e @concellopontecesures son puntos de recollida. 

Non quededes sen o voso exemplar! 📚

martes, 18 de noviembre de 2025

Salida de ESO a Coruña

Os alumnos de 3º e 4º da ESO estiveron toda a xornada de onte na Coruña vendo diferentes lugares e exposicións.

BODIES


PASEO POLA TORRE DE HÉRCULES


MUNCYT



 

lunes, 17 de noviembre de 2025

Xornadas de Bibliotecas Escolares


Este fin de semana un dos integrantes do equipo de  dinamización da biblio asisteu ás xornadas de Santiago.



 

sábado, 15 de noviembre de 2025

II Certame de Relato curto Oria Moreno


 O Concello de Pontecesures e a Biblioteca Pública Municipal, organizan o II Certame Literario de Relato Curto Oria Moreno. 𝗣𝗿𝗼𝗺𝗼𝘃𝗲𝗿 𝗮 𝗶𝗴𝘂𝗮𝗹𝗱𝗮𝗱𝗲, 𝗽𝗼ñ𝗲𝗿 𝗲𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗲 𝗿𝗲𝗶𝘃𝗶𝗻𝗱𝗶𝗰𝗮𝗿 á𝘀 𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲ñ𝗮𝘀, 𝗶𝗻𝗰𝗲𝗻𝘁𝗶𝘃𝗮𝗿 𝗮 𝗹𝗲𝗰𝘁𝘂𝗿𝗮 𝗲 𝗮 𝗲𝘀𝗰𝗿𝗶𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗳𝗲𝗿𝗿𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝘀𝗲𝗻𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹, son, entre outros, os obxectivos deste certame, que levan o nome da decoradora da Cerámica Celta, Oria Moreno.

Tras o éxito da primeira edición, dende hoxe ábrese o prazo para presentación de relatos participantes.

👉𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢ó𝐧: dende hoxe ata o 30 de xaneiro

👉𝗖𝗮𝘁𝗲𝗴𝗼𝗿í𝗮𝘀 𝗲 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:

5º e 6º de Educación Primaria 𝟭𝟱𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Educación Secundaria (ESO)  𝟭𝟱𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Mocidade entre 16 e 18 anos   𝟮𝟱𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Adultos maiores de 18 anos     𝟯𝟬𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀

Bases da convocatoria

jueves, 13 de noviembre de 2025

Gañadores: Está de medo!!!!

Fíxose entrega dos premios ás propostas gañadoras na cuarta edición do concurso de portadas de libros e relatos de terror 'Está de medo!!!'.

As propostas gañadoras foron as presentadas por Darío (de 2º de Primaria), Abigaíl (de 4º de Primaria), Xián (de 5º de Primaria), Matilda (de 1º de E.S.O.) e Zoe (de 4º de E.S.O.).   

O xurado subliñou a dificultade de escoller os premiados, xa que se encontrou en todas as categorías con traballos de grande calidade.

Á parte destes premios concedidos a cada traballo individual, cada aula de Infantil recibeu un agasallo polo traballo que desenvolveron en conxunto.

Noraboa a todos os agraciados!!!!!




miércoles, 12 de noviembre de 2025

Magosto 2025

Nesta reportaxe fotográfica podemos ver o proceso de preparación e o resultado do Magosto celebrado no colexio.