domingo, 22 de junio de 2025

 E para rematar o curso tivemos dous actos no ximnasio

Por un lado unha homenaxe á nosa compañeira Paz por parte de toda a comunidade educativa.....



E para rematar un concerto da Banda do verán.




Feliz verán a todos e vémonos o próximo curso

viernes, 20 de junio de 2025

Graduación de 4º ESO

 Este viernes celebrouse a graduación dos alumnos de 4º de ESO. 
Noraboa a todos!!!












Charla de piragüismo na biblio

 Un membro do club de piragüismo veu darlle unha pequena charla informativa aos alumnos de Primaria para que vaian a probar nos meses de verán.





jueves, 19 de junio de 2025

Graduación de Infantil

Os alumnos de Infantil graduáronse o xoves nun acto na biblioteca acompañados das súas familias.








Gracias á decoración de Susana, nai de unha alumna de 4º de ESO

miércoles, 18 de junio de 2025

Recomendacións de verán

 Aquí podedes ver as recomendacións de lectura para este verán.

Como outros anos, podedes coller os libros da biblioteca do colexio,  na biblioteca municipal pois facémoslle un préstamo para o verán.

Disfrutade da lectura e do verán!!!














martes, 17 de junio de 2025

Piragüismo na casa

 Que ben senta ter un club de piragüismo no pobo!!! e sinon que llo digan aos alumnos de 5º e 6º que foron a montar en piragüa e refrescarse nas augas do Ulla.






lunes, 16 de junio de 2025

Festa de fin de curso da ANPA

O venres 20 ás 5 da tarde terá lugar a festa de fin de curso organizada pola ANPA do noso Centro.



domingo, 15 de junio de 2025

Saída á praia

 Os alumnos de 5º e 6º fixeron á súa excursión de fin de curso ás olas......foron surfear á Lanzada





sábado, 14 de junio de 2025

Actividade de Augas de Galicia

 O alumnado de primeiro, descubre características da súa contorna participando na actividade de Augas de Galicia.








jueves, 12 de junio de 2025

Excursión de Infantil


O Alumnado de Educación Infantil foi de excursión de fin de curso á Eco Granxa Rio Mouro en Poio




 

miércoles, 11 de junio de 2025

Exposición de pintura da ANPA

Aquí tendes un pequeno vídeo dos magníficos cadros que están expostos na biblio. Todos eles foron feitos por alumnos nas clases de pintura da ANPA.

Noraboa rapaces!!!



 

sábado, 7 de junio de 2025

Día Mundial do Medio Ambiente

O alumnado de 5º e 6º  elaboraron murais de distintos tipos de paisaxes que estaban estudando para celebrar o día do  Medio Ambiente








 

viernes, 6 de junio de 2025

Saía de Primaria


Os alumnos de Primaria tiveron a súa saída de fin de curso.
Tiveron un día de árbores e tirolinas no Aventura Dakart de Sanxenxo.