viernes, 26 de febrero de 2021

A maldición do coronavirus

O alumnado de 2º de Primaria "A clase dos Monstros melosos" fixo este comic sobre o coronavirus 

miércoles, 24 de febrero de 2021

A nosa Rosalía

Hoxe día de Rosalía presentamos algúns traballos feitos por alumnos do centro


A nosa Rosalía

domingo, 21 de febrero de 2021

viernes, 19 de febrero de 2021

Fai viral a Rosalía,,,,estamos en marcha

 Agora toca visualizar e facer que Rosalía se volva viral. Mira os vídeos tantas veces como queiras, reenvíallos aos teus amigos e familiares, e fai que esta semana Rosalía volva ao presente.

Podes ver os vídeos visitando a canle de youtube do EDLG do CPI de Pontecesures.

Ou entrando nas diferentes listas de reprodución:

Infantil Primaria Secundaria


Tamén podedes ver este vídeo Rosalía de Castro. Feminista en la sombra

viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido 2021

 E celebramos o Entroido.....

Entroido 2021


Algúns alumnos fixeron en Plástica caretas e antifaces.....

Antifaces e caretas

jueves, 11 de febrero de 2021

Embarcados no entroido

Neste entroido tan diferente quixemos alonxarnos destes lares e, o alumnado de Educación Infantil e Primaria, embarcámonos na Perla Negra xunto con Jack Sparrow. 

Foi moi especial ser piratas por un día e erguer as nosas armas para dicir ben forte: NON VAS PODER CON NÓS!


                                      

Fai viral a Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 nace unha nena en Santiago, a que chamarán María Rosalía Rita, que se convertirá en estandarte da nosa lingua e cultura, polos séculos dos séculos, baixo o nome de Rosalía de Castro.

Se queredes saber máis sobre a súa apaixoante e complexa vida, visitade a páxina da Fundación Rosalía de Castro.

Desde xa fai uns anos o 24 de febreiro pasou a ser o día de Rosalía.

Como non podía ser doutra maneira no noso centro queremos celebrar este día, escoitando as verbas da homenaxeada, na voz dos nenos e nenas de Pontecesures.

 Por iso, xurdiu a seguinte proposta:




 E para ir inspirándovos:


"Tecín soia" de A banda da Loba



"Castellanos de Castilla" por MJ Cover



"Adiós ríos, adiós fontes" de Astarot



miércoles, 10 de febrero de 2021

A carta do burro

 O Entroido xa está aquí, este ano, de xeito diferente. Sin festivais, desfiles, comparsas,... Pero hai tradicións desta época, que non podemos deixar delado. Dende Normalización lingüistica propoñen 

 " A carta dos burros"

Aínda que non podemos compartilas ou pasalas duns a outros ,  podemos expoñelas e deleitarnos coas rimas enxeñosas do alumnado, distribuidos polas portas e corredores do centro.

 


martes, 2 de febrero de 2021

Maletas de igualdade e inclusión

Dende o departamento de orientación solicitáronse unhas maletas de libros para traballar a igualdade en Primaria e a inclusión en Secundaria.


Podedes ver a exposición na biblioteca